Viña hoxe pensando que xa case fai unha semana que arrancou o blog e aínda ninguén deixou un comentario. Así que pensei en facer unha especie de post/concurso/reto/parida para que vos animedes a escribir, que sei que estades aí!! No concurso, o primeiro en responder levaría premio (vale calera cousa que eu entenda por premio eh!, logo non quero esixencias), ademais do honor de convertirse no primeir@ comentarista do blog. Pero ao chegar á casa, acabo de comprobar que a rallada de Lorca e compañía surtiu efecto, e o gran Coltra animouse a enlear aínda máis o conto. Así que xa hai primeiro comentarista do blog. Un hurra por el. Ou tres, con hip hip.
Pero o reto segue en marcha. Consiste en recordar PEQUENAS FRASES QUE RIMAN E NON TEÑEN SENTIDO. Véxase:
Abur yogur
Me piro vampiro
Chao bacalao
Non teñen que ser de temática despedidas, é que a min agora non se me ocurren máis, pero sei que as hai. Así que, porfi (e por pi) engadide as que coñezades, que nunca se sabe cando pode facer falta un completo inventario de chorradas, e ademais molan as cousas feitas entre moitos, e molaría ver frases doutras zonas ou noutros idiomas. E se non vos apetece, pois propoñede outro xogo, ou contade os vosos pensamentos máis íntimos, que o anonimato de internet é moi liberador.
A moitos seguro que isto das frases vos parece unha parida, infantil e ridícula. E tedes razón, porque neste blog cremos no absurdo, no inútil e no ‘supereu’. No pé de leria. Porque xa hai demasiada dignidade no mundo. Deamos todos vergonzaaa!!!!
p.d.-Hoxe volveu o sangue do meu sangue despois dun verán polas Américas. Benvida, ine. Sei que polo menos ti seguro que escribes.
Deixa unha resposta