Estes días descubrín un ciberxogo xenial, que sería perfecto para este blog e para min, que me encantan as actividades comunitarias. Consiste en que cada lector escriba nun comentario unhas liñas do libro que estea lendo ou que teña a man, escollidas segundo o número da páxina e outros parámetros azarosos. Se vos apetece xogar, ide ao blog das Erinias e participade, e de paso tamén podedes ver unha boa crónica dunha viaxe a Xapón e moitas outras cousas.
Aquí podemos facer unha versión: que cada un poña o que comeu hoxe. Vale, parece unha chorrada comparado co dos libros, pero é que é unha boa maneira de coñecerse, e deume moita envidia o outro xogo… Ademais, a comida é moi importante na identidade de cada quen, xa se sabe que “por la boca…” ou “dime lo que comes y…”…. como era ese refrán?????
En fin, eu hoxe comín dorada á plancha con brecol e patacas cocidas. Sen postre, que pola semana dame moita pereza tomar postre. E de beber, leite, coma sempre.
Deixa unha resposta