Xa vai tocando unha ración de xogo, que isto está de capa caída. Vou experimentar co de xogar ás películas por internet. Vou dicir unha palabra clave dalgo ou alguén que sae ou está relacionao coa peli que escollín. A primeira é bastante fácil, e a peli é un clásico así que supoño que a acertaredes rápido.
A palabrada clave é LUMEIRADA.
Ala, a pensar. Por suposto, haberá premio para quen acerte. Eu propoño un collage cos seus parecidos, pero pedide por esa boquiña.
E se hai alguén a quen non lle mole o cinema pero si a filosofía oriental, pois tamén estaría ben falar da rencarnación. Pero nada de rollos, simplemente en que vos gustaría rencarnarvos? Un paxaro estaría ben pa min.
Deixa unha resposta