Propoño unha colección de ditos populares relacionados con lugares, preferentemente de por aquí á volta. Aí van un par deles:

En Carral, nin ben nin mal. Por Altamira, pasa de día. E en Sigrás, non mires atrás.

En Ares, non te pares. En Redes, non te quedes. E en Camouco, tampouco.

-Hai unha seica, que leva o de “A Coruña rabuña”, e como é aquela de “Vigo traballa, Santiago estudia…”?

Comentarios

12 respostas a “Toporrimia”

  1. Avatar de fauve

    Vaiche boa, Vilaboa.

  2. Avatar de pi
    pi

    Retiro o da preferencia por lugares de por aquí cerca, que así coñecemos mundo e, sobre todo, non teño que aturar as críticas de amig@s estranxeiros.
    E engado outra mítica:
    En Albacete, caga y vete

  3. Avatar de conde de bueu
    conde de bueu

    esta me toca a mi: si vou a bueu nun bou, vou; si non vou nun bou non vou.

  4. Avatar de pon
    pon

    después de las molestias que se tomó Demarcación de Blogs para eliminar la referencia provinciana al ‘por aquí cerca’ explicaré que de mi pueblo se ha dicho siempre: Carcaixent, bona terra i mala gent (creo que no requiere traducción).
    eso sí, para los que me conocéis y creéis haber descubierto por fin cuál es el origen de mi maldad, lamento decepcionaros. el dicho no viene apoyado por un riguroso estudio sociológico; es, más bien, una licencia poética. cuestión de rima asonante, sin más. por eso, tan malos como los de Carcaixent, son los paisanos de Bocairent, Ontinyent, Moixent, Picassent, Sallent, Sant Climent o Llutxent.

  5. Avatar de descha
    descha

    Los cojones del cura de Villalpando los llevan diez bueyes y van sudando!

  6. Avatar de descha
    descha

    E para que esteas leda un máis próximo:
    Cando chove e fai sol anda o demo por Ferrol.

  7. Avatar de raquel
    raquel

    o alto de Vilarrube
    díxolle ó baixo de Esteiro
    O santo das caldeiradas
    San Antonio do Corbeiro

    Son lugares de Cedeira (e de Valdoviño, no caso de Vilarrube), ¿case nada!. Vilarrube está nun alto. Esteiro é a parroquia lindante do concello de Cedeira. A estrema ven sendo a desembocadura do río Mestas, que forma un esteiro. A un lado e outro están as praias de Vilarrube, Burbuxas… . É dicir, unha sorte de paraiso.

    A Santo Antonio do Corbeiro venérase nunha ermida situada na punta dun acantilada á entrada da ría de Cedeira. Supoño que o santo das caldeiradas chamaranllo porque os mariñeiros de Cedeira téñenlle moita lei (quizá en forma de devoción, pero lei).
    De feito, o 13 de xuño, día de Santo Antonio, supoño que de Padua, é festa local no concello. Os mariñeiros non van ó mar e a romería celébrase no entorno da ermida. Hai que subir andando, facer alí festa rachada e volver baixar andando despois de ver como se pon o sol, meténdose por debaixo do coto de Pantín ( diría o tío Mario que viaxando por debaixo de nos). Espectáculo altamente recomendable. Por certo, que se se hai outra oportunidade de disfrutalo: é o día da xira da festa da Patrona, normalmente o 17 ou 18 de agosto.

    Á San Antonio do Corbeiro tamén acoden os mariñeiros para ver certamente como está o mar de bravo, para localizar onde bate máis a escuma. Din eles “está o mar polos cotos”

    Pero non é iso solo. Como San Antonio tamén é o patrón do gando, eu recordo cando se ofrecían alí as vacas (para que empreñasen, ou non espoltrasen, ou lles pasase a cambra,..) e iban con elas pola corda ata a capela.

    É o último: foi en San Antonio do Corbeiro, un día 13 de xuño, nas pezas da saída da misa, onde tomei a miña primeira Coca-Cola; en botella de cristal, claro. Convidoume Sebo, o ainda mozo de Ángeles.

    Aquí non hai moita rima, pero hai moito conto

  8. Avatar de Goio

    Fijese, eran tan sencillo como poner la direccion en el espacio reservado para el sitio web (que mal suena eso, coño).

  9. Avatar de Fauve

    descha
    Posted 3 Marzo 2008 at 21:58 | Permalink
    E para que esteas leda un máis próximo:
    Cando chove e fai sol anda o demo por Ferrol.

    Olvidaches a continuación:

    Pinchando ás mulleres
    no cú con alfileres.

  10. Avatar de lume e ferro
    lume e ferro

    (con perdóns)
    En Sarandóns, vinte viciños e corenta ladróns.

    p.d.nesta hai moitas variantes cos números e as proporcións de veciños e ladróns

  11. Avatar de
    Anónimo

    Para ir a Cariño hai que pasar pola Pedra.

    (A Pedra é a parroquia que hai xusto antes de chegar a Cariño, e hai que cruzala obrigatoriamente para ir alí.)

  12. Avatar de pi
    pi

    “Quen pasou a Marola, pasou a mar toda”
    A Marola é un islote que hai frente á costa de Mera, e por onde hai que andar (máis ben navegar ou nadar) con tino, pois xa naufragaron moitos alí.

Deixa unha resposta

Para responder desde a túa páxina web, pega no seguinte campo a url da entrada que conteña un enlace a este artigo. A túa resposta aparecerá aquí. Máis info sobre as Webmentions