Si, xa sei. Vaia trapallada de blog e de blogueira. Non teño perdón. Ando dispersa, non lle estou dedicando a concentración que merecen as cousas me gustan. E iso claro, nótase. E perdo lectores e comentaristas, que é o que máis me gusta de todo. Aínda que a verdade é que esperaba que co do compañeiro de clase conseguiría animar a cousa, pero parece que o rollo nostálxico non vai.
Dáme moita rabia, crédeme, ter isto medio abandonado. Pero de verdade que non é a miña intención, ao contrario. É unha das cousas que non quero deixar de facer. É cuestión de determinación (xa avisei ao inaugurar isto que son indecisa por natureza), tempo e experiencia. Teño que dar co meu punto nisto de internet e os blogs. Supoño que se trata de falar do que me gusta e do que me precoupa, do que me inqueda e do que me pon triste, non? Ou contar o que fixen e a onde fun? Demasiado “me”… Mellor buscar cousiñas curiosas na rede para compartilas? Ou limitarme a montar ciberxogos semiestúpidos de dubidosa acollida pero para min encantadores? Teño que ser graciosa? Buf, teño que pensar (ou deixarme levar, xa o decidirei), pero en todo caso seguro que non me viña mal unha axudiña en forma de comentario que me anime a seguir e me dea ideas ou que me poña a caldo e me pique. Anda, darme argo……
Non teño perdón, pero seguro que me perdoades. E non só iso, senón que me salvades.
P.D.- As chapas da foto son unha proba de que me mola este blog. Se a vós tamén vos mola (o blog ou a chapa), dicídeo que son vosas.
Deixa unha resposta