
Como moitos sabedes, este sábado comezou unha aventura que a saber como acaba. Como sempre quixen ser jipi, puxemos un posto de chapas, broches e pulseiras no mercadillo que se vén facendo no Orzán o primeiro sábado de mes. Pasámolo pipa, deunos o aire e ademais non houbo queixa coas vendas. Que repetiremos, vaia.
Estaba eu deseñando unha chapa personalizada para os de Esterko (porque tiñamos impresora e todo para facelas ‘on demand’) cando apareceu el_goio e tirou esta foto, na que non se ve o posto, pero si dous elementos indispensables en calquera evento que se precie: garimba fresca e uns cantos coleguillas. E as mans nos petos, mitiquísima postura.
Pois resulta que as chapas máis vendidas foron as que poñían frases bravas-coruñadas-galegadas, sobre todo as de “Pídechas o corpo neniño”, “Bu neno” “Manda carallo” “E logo ti de quen vés sendo?” e “Tómalle outra”.

Aí vai unha foto con algunhas. Se se vos ocorre algunha frase máis e non vos importa compartila gratuitamente comigo, pois guai. A min acaba de acordarme unha mítica e que seguro que tamén funciona: “Pasa mía”.
Xa avisarei cando teña armada unha web para colgar todos os deseños, porque tamén levamos chapas de tela, e de fieltro moi chulas.
Deixa unha resposta