A polo ghit

E non vai ser todo música de fóra, que é que a tiranía da industria cultural é moita tiranía…

Xa está en marcha a segunda edición de A-polo-ghit, o concurso de vieiros e radio galega para escoller a canción do verán da música galega. Hai 82 temas para escoitar e votar, están todos nesta páxina, con descricións dos grupos e iso. De momento vai gañando a temática culinaria: as cancións que levan máis votos hoxe son ‘Licor Café’, de SkandaloGZ (uns de Ponteareas, seica) e ‘Arroz’, no que a Banda Potemkin anima a comer arroz (“máis de mil millóns de chinos non se poden enganar”). Con todo, eu confío en que suban no rankin o ‘Pagho eu’ de Chupadesky (o ano pasado foron finalistas con este temazo fanqui-dans, ‘Guachin in the sky’), e sobre todo, Esterko co single que os levou á fama: ‘Carral’, unha canción que fala da locura de cemento na que nos estamos convertendo.

Non queremos hipocresía legal

só queremos que nos deixen en paz“…

Comentarios

Deixa unha resposta

Para responder desde a túa páxina web, pega no seguinte campo a url da entrada que conteña un enlace a este artigo. A túa resposta aparecerá aquí. Máis info sobre as Webmentions