Aquí deixo un videoclip de PJ Harvey, ‘Man Size’. É de 1993, pouco despois de que esta tipa flipante empezara a gravar.A miña artista favorita, creo.
Comentarios
3 respostas a “PJ Harvey”
-
Pilar!!! Acabo de descubrir o teu blog navegando pola rede e non sabes que ilusión me fixo volver a saber de ti. Igual xa non te lembras de min, pero son aquela arteixana coa que estudiabas xornalismo e coa que fixeches unha morea de traballos e prácticas de radio, jejeje Entre eles, aquela mítica radionovela coa brutal personaxe de MariTripis. En fin, que xa me puxen nostálxica. Espero que che vaia todo moi, moi ben e agora que descubrin este blog, heino de consultar a miúdo, que está xenial.
Da gusto atoparse con xente da que gardo tan bos recordos, en serio
Coidate, guapa!
Chus
-
Andaaaaaa
Pois eu tamén me alegro moitísimo de saber de ti. Tes razón que ti e máis eu temos moi bos recordos comúns. O que daría por escoitar aquelas burradas, alguén as tivo que gravar non?
Oye hoxe ou mañá escríboche un mail e poñémonos ao día. Moitos bicos -
Ola. Crin que che ía dar unha boa nova co concerto o vindeiro 2 de maio na Casa da Música de Porto de P.J. Harvey, pero as entradas xa están esgotadas. Ao mellor podes tentalo indo como prensa(pero logo queremos a crónica no xornal).
Deixa unha resposta