
Hai xa tempo que descubrín isto dos sleevefaces, e mola. É unha destas modas modernas que se espallan polos ceros e uns de internet grazas ao tempo libre da xente que se aburre. O sleeveface (en inglés, “cara de portada”) consiste en facer unha foto de calquera cousa (normalmente, persoas) superpoñendo a portada dun disco ou dun cedé. Crear un continum entre o disco e o que non é o disco. Facer como nas pelis nas que o espectador se mete na ficción e se convirte en protagonista. En fin, un metarollo.
Hai moitísimos exemplos de sleevefaces pola rede adiante, algúns moi currados e graciosos. Os que puxen arriba están sacados de sleevefaces.com, pero hai moitas outras webs e blogs con coleccións de sleevefaces. En canto arregle a miña cámara fago un con algún disco meu e colgo a foto, prometido. E se vos animades, mandáme os vosos a pmera@laopinioncoruna.net e tamén os publico.
Deixa unha resposta