Un día escoitei que O MUNDO DIVÍDESE EN DÚAS CLASES DE PERSOAS: AS QUE CREN QUE O MUNDO SE DIVIDE EN DÚAS CLASES DE PERSOAS E AS QUE NON.
Eu prefiro pensar que son do segundo grupo, aínda que iso é unha contradicción, claro… jeje.. encántame os dilemas. En fin, a verdade e que, á parte do fútbol e a política, si que hai cousas, pequenos detalles da vida, que diferencian e definen ás persoas. Digamos que os humanos poderían dividirse en ligas e clubes de cousas cotidianas:
1.- A) Os que empezan a ler o periódico por diante B) Os que empezan pola contraportada.
2.- A) Os que comen a carne dos callos B) Os que só queren garbanzos.
3.- A) Os que toman aspirina B) Os de espirifren e outros combinados de ibuprofeno
4.-A) Os que din pisa (ou pitsa, máis ou menos) B) Os que din piza (con zeta de zapato, zudre e zacarías)
5.-A) Os que len no baño (cagada lenta) B) Os que non soportan que lles enfríe o cu (fast shit)
6.- A) Os que piden os cubatas de whisky B) Os que beben ron
7.- A) Os de ano tímido B) Os de mente aberta. É dicir, os que só cagan na casiña e os que non teñen reparos cando apreta.
8.- A) Os que gardan o pan de molde na nevera B) Os que non
9.- A) Os que cantan no coche B) De verdade hai alguén que non cante no coche? nin na ducha?
10.- A) Os que ven ‘Perdidos’ B) Os que non —sinto ser tan friki…—
Hai quen, co tempo que todo o cambia, muda de categoría. Pero nun momento determinado ou estás dun lado ou do outro.
Eu, por exemplo, son 1A, 2A, 3B, 4A, 5B, 6B, 7B, 8A, 9A, 10superA.
E vós?
Deixa unha resposta