
Logo do de ‘Los juncos salvajes‘, aquí vai a segunda entrega de fragmentos de películas. Esta vez o diálogo é de ‘Unha historia de Brooklyn’, unha peli de 2005 dun tal Noah Baumbach.Vai dun matrimonio de intelectuais de Nova Iorque que se divorcian. Os tíos, sobre todo el, un escritor chulito e frustrado interpretado por Jeff Bridges, son bastantes pedantes. Teñen dous fillos, que se adaptan como poden á separación: ao máis novo dálle por emborracharse e masturbarse na biblioteca do colexio, e ao máis vello, un post-adolescente, por plaxiar unha canción de Pink Floyd nun concurso de talentos así coma se ninguén fora notalo.
O fillo máis novo, de 12 ou 13 anos (tremenda interpretación de Owel Kline), empeza a mosquearse co rollo interesante que leva seu pai e como para picalo, dille que quere dedicarse ao tenis, como o seu monitor, Iván (William Baldwin), que é máis novo (y está más bueno) que papá. Pai e fillo teñen esta conversación entre punto e punto dunha competitiva partida de pin-pon:
Gustoume bastante esta peli. E este diálogo encantoume… eu tamén prefiro a incultura ao elitismo.
Por certo, que o título orixinal da peli en inglés é ‘The squid and the whale’, ou sexa, o calamar e a ballena, que seica pelexan moi duro, a muerte, cando se cruzan polos océanos do mundo, igual que o matrimonio da peli durante o divorcio. Parece ser que se teñen atopado ballenas por aí con cicatrices circulares darredor do seu corpo, marcas dalgún calamar xigante que se resistiu antes de acabar no buche.
Deixa unha resposta