Mentres sigo cos experimentos de deseño (non vos estrañedes se estes días vedes cousas e formas raras no blog… aparte das actualizacións, que xa é bastante raro, din cunha páxina altamente recomendable: documaniatico.blogspot.com
É unha colección de documentais para ver online (vía Veoh, pero instálase nun minuto). Algúns raros, como o que fixeron uns guiris sobre as bonanzas do allo e a importancia que tivo en España na Guerra Civil ou algo así (aínda non o vin enteiro, pero non estou de coña, podedes ver un fragmento desta allada aquí, non ten desperdicio oír as preguntas da cámara ao paisano que conta como se facía o pantumaca), ou a historia dun home que se dedica a nadar ríos, ou a dos comics eróticos de temática nazi que seica tiveron moito éxito en Israel despois do Holocausto. En fin, un lote de documentais bizarros, moitos deles relacionados coa música e o cinema. Eu acabo de ver un titulado ‘It might loud’, unha especie de análise sobre a guitarra eléctrica, no que xuntaron a Jack White (dos White Stripes), Jimmy Page (Led Zeppellin) e The Edge (U2, por certo, vaia horterada de nome non?) para falar deste sonido. Pero a medida que estou escribindo esto estou vendo todos os que hai na páxina e é flipante, dá ganas de velos todos: billie holiday, mohamed ali, ivan zulueta, un concerto de james brown no sesenta e pico, outro dos lenningrand cowboys rodado por kaurismaki, houdini, montezuma…

E tamén ten un documental que a ver se vexo estes días porque ten unha pintaza, aínda que non está subtitulado: ‘A Great Day in Harlem‘: a historia do jazz americano nos anos 50 contada cunha foto de grupo como fío: a que fixo un tal Art Kane (digo un tal porque eu non o coñecía, pero disque era famoso) en 1958 nunhas escaleiras de Harlem nas que xuntou aos músicos máis míticos do momento. E, claro, co que me gustan a min as fotos de grupo… teño que ver este documental. A foto está comentada en detalle (literalmente, identificando un a un cada tipo da foto, coa súa bio, a súa discografía e todo) nesta web: harlem.org
E como posdata, direi que o autor deste blog, o tal documaniático, cita á súa vez outro blog como “unha das mellores páxinas de documentais” que coñece: Naranjas de Hiroshima. Pa perderse outro día.
Deixa unha resposta