Montaxe de vídeo en directo con Vimix

Como funciona Vimix e como o usamos para montar o último vídeo en directo de Fununcan, un “repinaldo sonoro” na lareira.

Vimix é un programa para mesturar vídeo en directo. E mola moito! Descubrino hai uns anos e veño de empregalo para montar o último vídeo de Fununcan: un concerto en directo, un “repinaldo sonoro” que gravamos o pasado novembro na lareira de Chamuín, toda decorada.

Nesta entrada intentarei explicar as principais funcionalidades de Vimix e como as usei para editar o mentado vídeo, que deixo por aquí:

Na sesión tocamos cinco cancións de ‘O equilibrio perdido’. Entre a primeira e a última fíxose de noite.

Edición lineal e non lineal

O de editar vídeos para as cancións ou concertos sempre nos gustou. Na canle de YouTube de Fununcan xa hai case 60 vídeos; a maioría, se non todos, fixémolos ata agora nun mac co iMovie, un programa clásico de edición non lineal de vídeo, onde vas cortando e colocando as pistas libremente sobre unha liña de tempo pola que podes navegar, editar e previsualizar, etc.

Se denomina sistema de edición no lineal en la terminología del vídeo y sistema de montaje no lineal en la terminología del cine a un sistema de edición por el cual se pueden ampliar o reducir cualquier secuencia de una edición o montaje sin alterar ni dañar las secuencias o cuadros posteriores. Si además se puede acceder a cualquier punto del material bruto instantáneamente, sin recorrer las tomas previas, se denomina “Sistema de edición no lineal de acceso aleatorio”.

Edición non lineal de vídeo, artigo na Wikipedia

Pero para o vídeo da sesión en Repinaldos sonoros usamos este outro programa, Vimix, que funciona cun sistema diferente, máis propio dos tempos analóxicos: a edición lineal.

La edición lineal o edición analógica era un tipo de edición de vídeo por el cual un magnetoscopio llamado recorder o grabador grababa en una cinta magnética las imágenes de vídeo suministradas por otro u otros magnetoscopios llamados reproductores, fuentes o players. Se consideraba lineal porque era necesario grabar la primera secuencia en primer lugar, después la segunda y así sucesivamente.

Edición lineal de vídeo, artigo na Wikipedia

É dicir, cada unha das cinco cancións do concerto montouse ao vivo, ou sexa, reproducindo todas as fontes de vídeo simultaneamente e sincronizadas co audio, e pinchándoas á man cando correspondía, desde o principio ata o final da canción. Unha especie de “montaxe en directo”.

Gravamos o concerto con tres cámaras fixas (o audio á parte); uns días despois pensei en clonar eses vídeos e algunha imaxe a maiores en moitas capas con diferentes recortes e posicións, para que se vise por exemplo á gata Uanai na pandeireta ou os trazos da guitarra na ventá, primeiros planos no reloxo ou na parede, etc. (como xa estaba pouco recargada a imaxe… pois dúas tazas xD). Iso podería facelo co iMovie ou algo similar como OpenShot, coma sempre, pero entre que había bastantes capas por canción (iMovie só permite usar dúas por proxecto e con OpenShot aínda non acabo de entenderme) e que os filtros e máscaras de recorte son superfáciles de facer en Vimix, moito máis ca nas outras ferramentas, animeime a montalo en directo con este programa.

Así que fun recortando e colocando os vídeos e apliqueilles algún efecto para que aparecesen sobreimpresos nos recunchos da lareira. Discurrín o guión visual de cada canción (cando entraba e saía cada capa, cando había que meter un efecto) e practiquei ata que saía ben a canción enteira. Na edición lineal non podes volver atrás e corrixir!

O que se pode facer con Vimix

Catpura do programa Vimix, vista mixing

Mixing view: aquí é onde se controla a visibilidade de cada vídeo, arrastrándoos cara a dentro (opacidade total) ou fóra do círculo (transparencia total).

Catpura do programa Vimix, vista Layers

As pistas pódense ordenar por profundidade, da fronte ao fondo (z-index).

Catpura do programa Vimix, vista Geometry

Na vista Geometry pódense recortar, redimensionar e recolocar as pistas no lenzo de saída.

Catpura do programa Vimix, co reprodutor e as diferentes pistas

Nas liñas de tempo de cada pista engádense marcadores (flags) e contrólase o playback e a velocidade; tamén se poden crear lotes (batches) para controlar múltiples pistas simultaneamente.

Catpura do programa Vimix, coa previsualización dos efectos aplicados a unha pista

Vimix permite aplicar efectos e filtros ás pistas e modificalos en tempo real: blendings, chromas, cor, desenfoque… Ademais pódense engadir efectos personalizados con códigos de shadertoy.

Catpura do programa Vimix, na ferramenta de texturas e máscaras

É moi sinxelo recortar máscaras, con lápices e borradores de diferentes formas e presións.

…e moitas cousas máis, como recibir e emitir streams en SRT, crear secuencias de imaxes, sincronizar con metrónomos, retransmitir a múltiples pantallas, manexalo de forma remota con tablets ou controladoras, testear as versións beta…

Vimix é un proxecto open-source do francés Bruno Herbelin, que o mantén documentado, actualizado e dando soporte a usuarios coma min desde o seu GitHub, bravo por el! Alí pode descargarse, para Linux e Mac, e colaborar co proxecto.

A interfaz gráfica de Vimix paréceme bastante sinxela e amigable. Con todo, o programa está deseñado para facer proxeccións e “pinchadas” de vídeo (VJ) en directo, e o propio é conectalo a algún dispositivo físico como mesas de mesturas, controladoras midi, tablets, mandos de consola, pads… para lanzar os efectos, pinchar as pistas, pausar, etc. máis rapida e comodamente ca usando só o rato e o teclado do ordenador -de feito, Vimix tamén pode executarse en modo “headless”, sen GUI-. O protocolo que usa Vimix para iso, cunha API moi ben documentada, é o Open Sound Control (OSC).

Mapeo nanoKONTROL2 – Vimix – MIDIMonster

Para poder controlar Vimix durante a montaxe do vídeo en directo, vía OSC, eu “mapeeino” coa controladora midi Korg nanoKONTROL2 que hai na casa, pequeniña e moi práctica. Tratábase de ir subindo e baixando os reguladores para pinchar as pistas -previamente sincronizadas, recortadas e posicionadas- e de mover os potenciómetros para controlar os efectos de luz e cor cando correspondía. O resto dos botóns asigneinos aos controis de play/pause, velocidade e marcadores.

Deixo por aquí unha imaxe dos controis que asignei a cada botón e o arquivo dos mapeos tal e como o teño agora:

; MIDI to OSC for Vimix
; https://github.com/pilarmera/midimonster-vimix

[backend midi]
name = MIDIMonster
detect = on

[backend osc]
detect = on

[backend lua]

[lua functions]
script = functions.lua
; default-handler = returnjustone

[osc vimix]
bind = * 7001
dest = 127.0.0.1 7000
root = /vimix

; Pre-declare the values so the range mapping is correct
/*/play = f 0.0 1.0
/*/pause = f 0.0 1.0
/*/replay = f 0.0 1.0
/*/reset = f 0.0 1.0
/*/sync = f 0.0 1.0
/*/alpha = f 0.0 1.0
/*/transparency = f 0.0 1.0
/*/loom = f 0.0 1.0
/*/position = ff 0.0 1.0 0.0 1.0
/*/grab = ff 0.0 1.0 0.0 1.0
/*/size = ff 0.0 1.0 0.0 1.0
/*/resize = ff 0.0 1.0 0.0 1.0
/*/angle = f 0.0 1.0
/*/depth = f 0.0 12.0
/*/lock = f 0.0 1.0
/*/gamma = f -1.0 1.0
/*/brightness = f -1.0 1.0
/*/contrast = f -1.0 1.0
/*/saturation = f -1.0 1.0
/*/hue = f 0.0 1.0
/*/threshold = f 0.0 1.0
/*/invert = f 0.0 2.0
/*/blending = f 0.0 7.0
/*/posterize = f 3.0 60.0
/*/correction = f 1.0 1.0
/*/speed = f 0.3 5.0
/*/flag = f 200 -1
/output/fading = f 1.0 0.0
/output/enable = f 0.0 1.0
/output/disable = f 0.0 1.0
/output/fade* = f 0.0 1.0
/current/[0-7] = f 0.0 1.0
/current/next = f 0.0 1.0 
/current/previous = f 0.0 1.0 
/all = d 0.0 1.0
/all/sync = d 0.0 1.0
/all/ffwd = f 0 10000
/*/seek = f 0.0 0.5
/current/ffwd = f 0 1000


[midi nanoKONTROL2]
read = nanoKONTROL2
write = nanoKONTROL2


[map]


; Faders to alpha n source

nanoKONTROL2.ch0.cc{0..7} > vimix./{0..7}/alpha


; R buttons to play pause n source

nanoKONTROL2.ch0.cc{10..17} > vimix./{0..7}/play


; M buttons to replay n source

nanoKONTROL2.ch0.cc{20..27} > vimix./{0..7}/replay


; S buttons and TRACK arrows to set n as current source

nanoKONTROL2.ch0.cc{30..37} > vimix./current/{0..7}
nanoKONTROL2.ch0.cc58 > vimix./current/previous
nanoKONTROL2.ch0.cc59 > vimix./current/next


; Knobs to color correction on current source

; force enable color correction first
nanoKONTROL2.ch0.cc{40..47} > vimix./current/correction

nanoKONTROL2.ch0.cc40 > vimix./current/blending
nanoKONTROL2.ch0.cc41 > vimix./current/brightness
nanoKONTROL2.ch0.cc42 > vimix./current/contrast
nanoKONTROL2.ch0.cc43 > vimix./current/saturation
nanoKONTROL2.ch0.cc44 > vimix./current/hue
nanoKONTROL2.ch0.cc45 > vimix./current/posterize
nanoKONTROL2.ch0.cc46 > vimix./current/threshold
nanoKONTROL2.ch0.cc47 > vimix./current/invert


; SET button to reset color correction and blending on current source
; only works for parameters recently changed via OSC, don't know why

nanoKONTROL2.ch0.cc55 > functions.runcolorreset
functions.resetzero > vimix./current/blending
functions.resetzero > vimix./current/hue
functions.resetzero > vimix./current/threshold
functions.resetzero > vimix./current/invert
functions.resetone > vimix./current/posterize
functions.resethalf > vimix./current/brightness
functions.resethalf > vimix./current/contrast
functions.resethalf > vimix./current/saturation


; MARKER arrows to speed on current source

nanoKONTROL2.ch0.cc56 > functions.speedslowcurrent
functions.bottomzerocurrent > vimix./current/speed
functions.bottomcentcurrent > vimix./current/speed
nanoKONTROL2.ch0.cc57 > functions.speedfastcurrent
functions.bottomzerocurrent > vimix./current/speed
functions.bottomonecurrent > vimix./current/speed


; FFWD and RWD buttons to speed on all sources

nanoKONTROL2.ch0.cc50 > functions.speedslowall
functions.bottomzeroall > vimix./all/speed
functions.bottomcentall > vimix./all/speed
nanoKONTROL2.ch0.cc51 > functions.speedfastall
functions.bottomzeroall > vimix./all/speed
functions.bottomoneall > vimix./all/speed


; CYCLE button to go to first flag on current source
; REC button to go to first flag on all sources

nanoKONTROL2.ch0.cc60 > vimix./current/flag
nanoKONTROL2.ch0.cc54 > vimix./all/flag


; PLAY and STOP buttons to play and replay all sources

nanoKONTROL2.ch0.cc53 > vimix./all/play
nanoKONTROL2.ch0.cc52 > vimix./all/replay

Ese “mapeo” configureino coa librería MIDIMonster, que traduce as mensaxes MIDI da controladora ás mensaxes OSC que entende Vimix, e viceversa. Colguei os arquivos de configuración neste repositorio de GitHub, que espero ir actualizando:

https://github.com/pilarmera/midimonster-vimix

MIDIMonster config files to map Korg Nanokontrol2 midi controller to video mixer Vimix via OSC

Foi moi divertido e aprendín un montón argallando todo isto. Tamén coa parte musical, claro. Ao final foron como dous directos nun, primeiro o da música e despois o do vídeo, e con procesos bastante similares: para tocar o sintetizador tamén busquei por un lado os sons que ía usar en cada tema e polo outro practicamos os efectos e as melodías -que xa compuxera Juan- ata que nos saían ben en directo, de principio a fin.

Gif animado cos títulos de cada canción, escritos nunha libreta como claqueta, a modo de making-off

Comentarios

Unha resposta a “Montaxe de vídeo en directo con Vimix”

  1. Avatar de Raquel
    Raquel

    Alabado sexa D….
    Demasiado complicado para min, claro
    Pero seguide aprendendo, tocando, montando, disfrutando…
    Abraciiiiisimos

Deixa unha resposta

Para responder desde a túa páxina web, pega no seguinte campo a url da entrada que conteña un enlace a este artigo. A túa resposta aparecerá aquí. Máis info sobre as Webmentions