Albanelería web

Desde 2014 traballo como autónoma facendo páxinas web e outros servizos relacionados co mundo de internet.

Gústanme os deseños e procesos sinxelos, as páxinas fáciles de entender, usar e administrar, accesibles para todos, lixeiras, sen elementos superfluos nin discursos innecesarios e adaptadas ao uso que se lles vaia dar. Bonitas tamén. Prefiro proxectos e clientes pequenos. Pero tamén sei facer carruseis con imaxes de recheo e animacións en cada páxina 😉

Tres versións dun debuxo de Spiderman: unha feita en 10 minutos, outra nun minuto e outra en 10 segundos. Cada unha é peor que a anterior.
“Hai mercado para todo”, da charla de Fernando Tellado na WordCamp Pontevedra 2019

Quen busque referencias miñas, pode preguntar en Ainé, Aezkoanet ou Bjäland. Son empresas e profesionais cos que traballo con frecuencia.

Traballos recentes

Estas son algunhas das webs nas que traballei ultimamente:

Servizos

  • Maquetación e deseño web
  • Configuracións WordPress. Desenvolvementos personalizados de plugins e temas
  • Optimizacións SEO e accesibilidade
  • Xestión de APIs, integracións, axustes GTM, cookies, hostings…
  • Soporte e mantemento
  • Formación e consultoría
  • Entrada de datos
  • Transcricións, subtítulos, audio e vídeo… offtopic

Contacto

Correo electrónico: pi@pilarmera.gal