Colofón

Colofón: Inscrición situada ao final dalgúns libros, onde se indica a data e lugar de impresión e outros datos sobre a obra.

Esta web está construída con WordPress e alóxase en Dinahosting.

Coa axuda do plugin Create block theme, fixen un tema fillo do Twenty Twenty Five para personalizalo un pouco e engadirlle os temas claro e escuro. A tipografía que uso é Atkinson Hyperlegible. Tamén están activos os plugins Indieweb e ActivityPub para integrarse con iso do fediverso.

Privacidade

Non uso ningún servizo de externo de newsletter ou similar para mandar as notificacións de novos artigos por email; envíanse de forma automática desde o mesmo servidor da web, coa axuda do plugin Mailpoet. Se te subscribes ás notificacións, a túa dirección de correo electrónico quedará almacenada na base de datos de Dinahosting (aí e en ningún outro sitio fóra da miña man, non o compartirei con ningún terceiro). Se queres darte de baixa escríbeme e pi@pilarmera.gal e borrareino ipso facto. Tamén podes “desanotarte” premendo no enlace “Darse de baixa” que hai ao final de cada notificación.

Tampouco uso terceiros para analizar o tráfico da web. No propio servidor teño instalado Matomo Analytics, que rexistra información estatística sobre as visitas sen usar cookies e anonimzando as ips dos visitantes.

Non se crean cookies de ningunha clase para os usuarios que a visitan. Si que pode incluír enlaces a outras webs e redes sociais que si empregan cookies baixo a súa responsabilidade.

Se me envías un correo electrónico, só usarei eses datos para contestarche. Se deixas un comentario, só terás que poñer un nome que se verá publicamente.

Licenzas

Se tivese que escoller algunha licenza para “protexer” o contido orixinal que publico na web sería a Creative Commons BY-SA 4.0 (pódese empregar libremente sempre que se cite a procedencia e se comparta nos mesmos termos). Pero preferiría simplemente confiar no sentido común e na boa fe das persoas humanas 🙂