Bio
Nacín en Cedeira no 82, acabei acabaron de criarme en Fonteculler, moceei en Carral, estudei en Santiago e viñen asentar a Limiñón, Abegondo. Todo iso, na provincia da Coruña, Galicia, Spain. Licencieime en Xornalismo pola USC. Despois traballei como redactora no xornal La Opinión e na produtora Airapro, pero aprendín sigo aprendendo a fozar no código e desde 2014 traballo como freelance no deseño e desenvolvemento web.
*Hai outra Pilar Mera, tamén galega, que escribe en El País. Non son eu. Ela é Pilar Mera Costas. Eu son Pilar Mera Rico.
Contacto
Por correo electrónico: pi@pilarmera.gal
Albanel
Os estándares, a web aberta e descentralizada e en xeral o mundo open-source interésanme cada vez máis e gustaríame entendelo e axudalo mellor. Teño participado en xogos e retos como Codeacademy, CSS Zen Garden, The Coding Train ou o Hacktoberfest, cos que me animei a “forquear” (dise así?) e contribuír nalgúns repositorios.
No meu perfil de GitHub espero ir colgando todos eses pequenos experimentos e achegas, entretanto quedan por aquí algúns enlaces:
- Midimonster-Vimix. Configuracións midi-osc para manexar o mesturador de vídeo Vimix coa controladora Korg nanoKONTROL2. Máis detalles neste artigo.
- A forma dos concellos. Utilísima ferramenta para visualizar os 315 concellos galegos segundo a forma das súas fronteiras (os concellos máis redondos ou os máis estirados, concellos de esquerdas e de dereitas, etc.). Máis info nesta entrada do blog ou neste artigo de GCiencia.
- Prettymaps A Coruña. Mapas da cidade da Coruña xerados coa librería Prettymaps de Marcelo Prates, baseada en OpenStreetMap.
- Processing Midibus: Demo para controlar animacións visuais de Processing cun dispositivo MIDI. Dun reto do Coding Train.
- Quick draw! scenes. Rudimentario xerador de paisaxes en p5.js combinando debuxos do dataset Quick draw! Inspirado en Faces of Humanity e tamén nun Coding Train de Daniel Shiffman.
- Flexboxfroggy: Xogo para aprender o CSS Flexbox, tradución ao galego.
- Un cuarto escuro. Tradución ao galego do videoxogo de aventura textual minimalista A dark room.
WordPress
Coñecín WordPress na época blogueira (2007, na rede de blogs de La Opinión) e desde entón digamos que me fun especializando. Hoxe é unha das ferramentas de traballo que máis uso e controlo como “frontend developer”, ou sexa, para facer páxinas web e cacharradas de todo tipo e condición. Asistín a varias WordCamps, a algunha como poñente, e de cando en cando (moito menos do que debera, con todo o que levo aprendido) contribúo na comunidade WP.
- Demo na WordCamp Galicia 2025 “Exprimindo a API: personalización de chamadas e respostas”
- Demo na WordCamp Galicia 2021 “O meu amigo o inspector: 3 consellos prácticos para non poder vivir sen el“
- Perfil en wordpress.org
Fununcan
Fununcan somos Juan e eu (moito máis Juan que eu) facendo “repinaldos sonoros”: Música orixinal & versións en galego, todo cociñado na casa con moito cariño.
- Páxina web fununcan.com. Aí imos colgando as novidades, cando as hai.
- Todos os discos gravados na lareira de Chamuín pódense escoitar e descargar no Bandcamp.
- Ás veces facemos vídeos chulis para acompañar as cancións e subímolos a YouTube.
- Tamén avisamos polo Facebook.
- Na canle Repinaldos sonoros hai sesións en directo na lareira.
O máis recente de Fununcan é o disco “O equilibrio perdido”, publicado en xaneiro de 2026:
Artigos en La Opinión A Coruña
Entre 2004 e 2010 traballei como redactora no xornal La Opinión A Coruña. Unha pequena escolma dalgúns artigos e reportaxes que me gusta reler de vez en cando:
- As bacterias non puideron co Prestige. 2007. VII Premio de Xornalismo Científico da Xunta de Galicia.
- El galán que cayó en Cedeira. 2009.
- Los doctores del agro. 2010.
- Sangre gallega en la Casa Blanca. 2010.
- El negocio de la basura. 2009.
- Sogama no incineró ninguno de los millones de fármacos recogidos en España desde 2002. 2009.
Refraneiro Galego
O Refraneiro Galego naceu como unha aplicación para iOS e Android que lle encarguei a FilloaDev e que publiquei en 2011 pero que xa non está dispoñible. Agora mesmo o proxecto está parado, coa idea de convertilo nunha webapp -vía Frontity- e servir unha API aberta, mentres tanto na páxina web pódese consultar unha pequena mostra dos case 10.000 refráns que forman a base de datos.